Curación de contidos


Internet é un grande baúl onde podemos atopar unha grande cantidade de contidos, polo que é preciso, non só, dar cos máis axeitado se non filtralos e gardalos dunha forma ordenada e agrupada.
A este proceso chamámoslle curación de contidos.
Pinterest é un taboleiro virtual ou recopilador de imaxes que poidan ser do noso interese, neste caso, no eido educativo. Podemos crear tantos taboleiros como queiramos e as imaxes gardadas dentro de estes chámanse pines.

Este é o meu taboleiro, para que lle des unha ollada e te fagas unha idea do seu uso.



Espero vos sexa de proveito.

Comentarios

Entradas populares