Ambientes persoais de aprendizaxe e redes socias na educación
Como remate ó curso que estou a rematar sobre o tema que indica o título desta entrada do blog, quero facer unha pequena reflexión sobre os contidos do mesmo, desta forma podo ordenar as ideas que sobre o mesmo teño neste momento. Por unha banda existen servizos que me son de gran axuda no meu día a día como docente, algúns exemplos son: Youtube, Blogger, Moodle, Google,.. . , dos que saco bastante proveito e permítenme interaccionar co meu alumnado. Despois existen outro os que todavía non lle encontro, todavía unha utilidade que se adapte a miña rutina de traballo, como exemplo a este grupo poden ser: Twitter, Facebook,.... A todo isto considérome unha peroa activa dixitalmente, é dicir, estou ó tanto das últimas novidades novidades no eido dixital, fago constantemente cursos neste senso, pregunto e son curioso en aquilo que non sei. Todo isto o digo para salientar que o meu PLE non mudou dende antes de rematar o curso ata este momento, aquelas ferramentas que non utilizaba (un ...